Ecoloxistas en Acción demanda ás administracións medidas para reducir a masificación turística e conter así a turismofobia

Para Ecoloxistas en Acción a masificación turística, sumada as prácticas irrespetuosas do sector, están provocando que se multipliquen as expresións de turismofobia entre a poboación galega que sufre as negatividades do actual modelo turístico.

A organización ecoloxista denuncia que o exceso de ocupación turística desborda as infraestructuras provocando unha merma da calidade de vida da poboación sen que a administración galega faga nada para remedialo. Para a organización ecoloxista é necesaria unha planificación e regulación da presión demográfica, que sucede sobre todo na temporada de vacacións estivais, para evitar que a masificación continúe danando o entorno natural e impedindo á poboación residente desenvolver a súa vida con normalidade.

Ecoloxistas en Acción ve positivo que os medios de comunicación comecen a reflexar as expresións de rexeitamento ás negatividades da sobre explotación turística,  pero advirte que pode ser perigoso que se faga un tratamento vanal da turismofobia e se omitan os prexuizos que a provocan.

«Entendemos as expresións de turismofobia como unha impugnación popular ao actual modelo turístico, como unha defensa do territorio e da súa xente, pero rexeitamos calquera enfrontamento cos turistas«, declara Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo Rías Baixas de Ecoloxistas en Acción.

Comparte éste artículo
No hay comentarios