O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños esixe ao alcalde, Eduardo Parga, que explique se a Guardia Civil estivo no Concello para facer indagacións sobre o trato que tivo o concelleiro de obras, Miguel Fernández Mirás, cun traballador municipal
O grupo municipal socialista vén de rexistrar no Concello unha pregunta ao alcalde neste sentido. O voceiro socialista en Malpica, Walter Pardo, esixe “que o alcalde saia a dar explicacións públicas ante a veciñanza sobre este tema”.
Pardo sinala que “o publicado na prensa e a noticia que temos da presencia da Guardia Civil no Concello indícanos un asunto moi grave, e o alcalde non pode permanecer calado ante este asunto”.