O prazo estará aberto dende hoxe, luns 26 de agosto, ata o 6 de setembro, para nenas e nenos que estuden no CEIP do municipio.
O Concello de Antas de Ulla informa do inicio do prazo de inscrición no seu Servizo de Madrugadores, dirixido a nenas e nenos que estudan no CEIP do municipio.
O prazo para anotarse estará aberto dende hoxe, luns 26 de agosto, ata o día 6 de setembrol. O servizo inclúe un almorzo saudable, e se desenvolverá nas aulas exteriores.
A inscrición poderá ser realizada nas oficinas do Concello, na súa páxina web, ousolicitando a documentación no enderezo de correo electrónicomadrugadoresantasdeulla@gmail.com
As prazas son limitadas, polo que dende o Concello pídese ás familias que realicen a inscrición da cativada no servizo o antes posible.
A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, destaca que «este servizo forma parte do conxunto de actividades que o Concello pon en marcha para favorecer a conciliación familiar e laboral». «Anunciaremos máis actividades neste sentido proximamente», engade a rexedora.