O deputados do PP por Lugo e Ourense no Congreso volven a constatar que o Goberno de Sánchez sigue incumprindo os prazos comprometidos por el mesmo dos investimentos necesarios para desbloquear o acceso do tren á provincia de Lugo pola Meseta.
- Os deputados recordan que está suspendida a circulación desde outono de 2022, e que se ADIF non pon en marcha o servizo ao longo do vindeiro mes de setembro se incumprirían por terceira vez os prazos previstos e xa comprometidos pola propia ADIF o último trimestre de 2023 e abril de 2024
- Cos traballos que se están a realizar na liña ferroviaria o Goberno do Estado renuncia á chegada do AVE a Lugo ao non acometer a construción das variantes de Rubián e Os Peares-Canabal «indispensables para a mellora do trazado e que os trens poidan circular a alta velocidade»