A Xunta colabora un ano máis coas festas do barrio da Milagrosa, que se celebran do 29 de agosto ao 2 de setembro. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e os membros da comisión organizadora -Ángel Canario, Silvia Ríos e María Meilán- o programados festexos na Delegación Territorial.
Todos os días haberá animación musical, con DJs, grupos e orquestras, como o Combo Dominicano Galilea ou o Grupo Beatriz. No programa tamén destaca un torneo de fútbol, que se celebrará nas pistas de Frigsa, o sábado ás 17.00 horas, e un torneo de xadrez, o mesmo día ás 18.00 horas na rúa Menorca. O luns, día 2, será o Día do Neno con actividades para os máis pequenos, unha chocolatada a partir das 18.00 horas e un campionato de baloncesto coa Fundación Breogán.
Javier Arias destacou o importante apoio prestado pola Xunta para a contratación de actuacións musicais no marco destas festas, que veñen dinamizar e dar pulo económico ao barrio da Milagrosa, un dos máis senlleiros de Lugo. O delegado territorial lembrou tamén a colaboración do Goberno autonómico connumerosos eventos na cidade e no conxunto da provincia, “non só cos grandes festivais como o Caudal Fest, senón tamén coas festas dos barrios e as parroquias do rural, axudando así a manter vivas as nosas tradicións”.