Hoxe martes, retómanse as viaxes gratuítas da cuarta temporada do programa Coñece a túa provincia, na que participarán 69 colectivos desde hoxe ata o 31 de outubro con visitas que se desenvolven entre os martes e os venres
– Esta semana as entidades que participan elixiron descubrir os recursos turísticos de municipios das comarcas da Mariña, Sarria, A Montaña e a Ribeira Sacra
– En total, preto de 2.000 persoas de 80 asociacións beneficianse este 2024 destas viaxes gratuítas pola xeografía lucense coas que a institución provincial apoia a actividade do turismo, a hostalería e o comercio local
– Pilar García Porto: “Con esta iniciativa, buscamos poñer en valor o noso patrimonio natural, cultural e histórico, ofrecendo aos nosos veciños e veciñas a oportunidade de redescubrir os recunchos máis fermosos da nosa provincia”