O PP propón que Sogama conxele o cánon polo tratamento de residuos se Sánchez elimina os impostos que provocaron a súa suba

por 21 Noticias

Dende o Grupo Popular explican que “se hai unha suba nos custes de Sogama é polo cambio de normativa nacional que impulsou o goberno de Pedro Sánchez e que implicou un incremento  de custes por tonelada enorme no proceso de xestión de residuos repercutindo no servizo dos municipios porque por lei esixen que se traslade ao cliente final, é dicir aos concellos”.

Os populares cuestionan que se presente unha proposición a pleno para rectificar o cánon que se paga a Sogama pola xestión de residuos cando no goberno local son incapaces de cumprir as recomendacións de Europa de reciclaxe.

Por este motivo presentan unha emenda de substitución para que o concello de Lugo dea marcha atrás e suprima todos os impostos que gravan a actividade do tratamento de residuos así como que esixa que recupere a retribución ao investimento da plante de Sogama , ao que tiña dereito ata o final da súa vida útil (2026) e, por último, un terceiro punto para que “unha vez o Goberno Central atenda estas peticións se comprometa a non aplicar a suba prevista para 2025.

O Concello de Lugo perdeu a oportunidade de mellorar a eficiencia de xestión de residuos en  2023

Nese exercicio o municipio de Lugo xerou 40.769,54 toneladas das cales  87,36 % se envian a Sogama para o seu tratamento (35.617 toneladas) e tan só 12,64% se destinou á reciclaxe (5.152 Toneladas)

Se Lugo cumprise os obxectivos europeos de reciclar o 50% dos seus residuos podería ter aforrado aos lucenses máis dun millón de euros, concretamente 1.005.328 €. 

O mesmo sucede coa empresa Ecoembes que bonifica pola reciclaxe.

Estes datos «son un indicativo do fracaso, en termos de xestión ambiental da xestión do goberno local, así como un derroche  de recursos públicos.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario