O PP pide o arranxo urxente de Fermín Rivera un compromiso adquirido polo goberno local  

por 21 Noticias
  • No caso do barrio da Ponte é prioritario que se arranxe a rúa Fermín Rivera una vía de 730 metros de longitude que parte da intersección coa estrada vella de Santiago e que remata nas proximidades da igrexa de San Lázaro, xunto a pasarela do Miño. A vía ten un importante nivel de tráfico e tamén é utilizada polos peregrinos que fan o Camiño e está en moi mal estado e faltan beirrúas.
  • Un asunto que tamén enfada á veciñanza son as avarías de auga que deixan sen servizo tanto ao barrio como a zona de Orbazai, dándose o caso de ata catro roturas simultáneas en catro metros na estrada vella de Santiago.
  • Na xuntanza que se celebrou onte no local veciñal trasladáronnos varias peticións para mellorar a seguridade viaria do barrio: bandas reductoras en Pena de Mula (comprometidas polo goberno local en decembro); limpeza da maleza en rotondas que impiden a visibilidade; facer beirarrúas dende o Aniceto ata o Ceminterio de San Froilán e instalación de cámaras para control de tráfico no acceso á Calzada da Ponte.
  • Os residentes no barrio tamén reclaman unha marquesiña de bus en Alvaro Cunqueiro e a reparación da varanda que hai nesta rúa e que está destrozada.
  • A voceira do Grupo Popular reflexionaba que “a pouca implicación de socialistas e nacionalistas no barrio da Ponte  se repite noutras zonas do concello” precisamente o luns o Grupo Popular reunirase coa veciñanza da zona de Magoi, Augas Férreas e Fingoi será ás 20.00 horas no local da parroquia do Bo Pastor.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario