Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades consideran «moi negativo» o balance das actuacións desenvolvidas polo ministerio de Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible na provincia de Lugo.
- Os representantes do PP na Cámara Baixa por Lugo sinalaron que «o Goberno de Sánchez está a lastrar o desenvolvemento da nosa provincia «co beneplácito dos socialistas lucenses e a complicidade dos seus socios, o BNG»
- «O cese do presidente de ADIF tan só 10 meses despois do seu nomeamento é unha mostra máis do caos e a falta de planificación que rodea á xestión do Ministro de Transportes», sinalou Conde
- Francisco Conde cre que «nos vindeiros PGE os socialistas teñen a oportunidade de demostrar se a provincia está por riba de Pedro Sánchez ou se, pola contra, seguen priorizando os intereses de Ferraz que non son os de Galicia e, moito menos, os dos lucenses»