Ana Miranda: “Comprométome a seguir denunciando o incumprimento do Regulamento Europeo de Medios por parte do PP en Galicia”

por Redacción Galicia

En resposta ao BNG a Comisión Europea subliña a importancia da independencia e a pluralidade dos medios de comunicación públicos.

En resposta a unha pregunta formulada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, ao inicio do mandato e dirixida á Comisión Europea sobre o incumprimento do Regulamento Europeo de Medios de Comunicación na reforma da Lei de Medios que o PP pretende levar a cabo en Galiza, a vicepresidenta Jourová en nome da CE subliña a importancia da “independencia dos medios de comunicación de servizo público”.

“Hoxe chega a resposta á pregunta, na que a Comisión Europea dinos alto e claro que debe cumprirse este regulamento de forma que o seu funcionamento para elixir o consello de administración debe ser independente, transparente, aberto e non discriminatorio, non como fai o PP”, destaca a eurodeputada do Bloque. En concreto, ese aspecto é recollido no artigo 5 do Regulamento europeo sobre a liberdade dos medios de comunicación.

“No Parlamento Europeo seguirei denunciando eses incumprimentos da normativa europea sobre a independencia e pluralidade nos medios públicos galegos, que son a propaganda do Partido Popular”, manifesta Ana Miranda, quen impulsou que este tema fose tratado en diversas ocasións na Comisión de Peticións da Eurocámara.

A resposta remitida pola Comisión Europea recoñece que o Informe sobre o Estado de Dereito de 2024 fai referencia ás “reservas relacionadas coa independencia dos medios de comunicación de servizo público a escala rexional” no informe de 2024 doinstrumento de seguimento do pluralismo nos medios de comunicación (Media Pluralism Monitor).

Inxerencias do PP

Neste sentido, o documento remitido pola vicepresidenta Jourová destaca que a Comisión seguirá moi atenta a calquera novidade sobre a independencia dos medios, xa que na súa pregunta, a eurodeputada galega reclamaba que a Comisión Europea verificara o cumprimento do Regulamento Europeo de Medios de Comunicación, recentemente aprobado, tendo en conta as múltiples inxerencias do PP nos medios públicos galegos, así como a falta de pluralidade –denunciada nas protestas dos Venres Negros que levan a cabo o colectivo Defende a Galega-. Finalmente, na reposta exprésase a vontade de tomar de “calquera novidade que lle transmita como eurodeputada galega sobre esa reforma da lei de medios que pretende levar a cabo o Partido Popular”, sinala Miranda.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario