O cinema galego consolídase no XX London Spanish FilmFestival coa proxección dunha decena de obras

por Redacción Galicia

A sección Letters from Galicia recunca este ano no encontro londiniense grazas aos esforzos do GalicianFilm Forum (GFF) e da plataforma PROXECTA e coapoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Por segundo ano consecutivo, o cinema galego volve contar cunha sección específica, Letters fromGalicia, no London Spanish Film Festival (LSFF). Así, a XX edición deste encontro, escaparate do audiovisual estatal, acollerá a proxección da longametraxe de ficción O corno, o documental Salvaxe, salvaxe e unha sesión de seis curtametraxes. Esta programación en galego é posible grazas ao esforzoconxunto do Galician Film Forum (GFF) e da plataforma Proxecta e conta tamén co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Ademais, dentro da sección atópase a cinta de produción galega Justicia artificial que se proxecta en versión orixinal en castelán.

O LSFF, que xa acolle desde hai tempo seccións diferenciadas doutras comunidades, algunhas delas tan veteranas como a catalá e a vasca con 16 e 15 anos de vida, respectivamente, abriu a ventá galega por primeira vez no 2023. Desta volta, grazas ao apoio da Xunta de Galicia, a sección é máis ampla, contando cun maior número de obras e de convidados que se desprazarán ata a capital londiniense para as actividades paralelas.

Así, o público poderá gozar da premiada O corno dirixida por Jaione Camborda o domingo 22 de setembro nos Riverside Studios e ao rematar haberá un coloquio coa actriz protagonista, Janet Novas.Un día despois, o luns 23, será a estrea en Londres de Salvaxe, salvaxe, tamén nos Riverside Studios, e nesta ocasión o público poderá departir co seu director Emilio Fonseca. En ambos os dous casos, o coloquio estará moderado por Adriana Páramo, cineasta e directora do Galician Film Forum.

O 24 de setembro no Ciné Lumière vaise proxectar unha escolma de curtas nunha sesión especial denominada Short Letters from Galicia. As seis obras seleccionadas son estrea no Reino Unido e están vinculadas pola busca persoal e a exploración emocional dos seus protagonistas. Esta sesión de curtas está integrada por Habitar, de Anxos Fazáns, Véxote de Óscar Pardo, To bird or not tbird, deMartín Romero e gañadora do Goya 2024 á mellor curta de animación, Non tvexo, de Xacio Baño, Queimar cando morra, de Inés Pintor, e Alguén mchamou serpe negra, de Borja Santomé.

Alén desta programación en lingua galega, a sección Letters from Galicia tamén inclúe a obra Justiciaartificial, de Simón Casal, que se proxecta este mércores 18 no Ciné Lumiére. Ao rematar o filme está previsto un coloquio co director que será moderado por Joana Granero, directora do LSFF.

Alén disto, cómpre sinalar que o 22 de setembro e dentro da sección vasca, 15th Basque Window, está prevista a proxección da película de animación El sueño de la sultana, con coprodución galega.

Sobre as obras

corno supuxo a primeira vez que unha obra en galego gañou o galardón Concha de Plata no Festival de San Sebastián no 2023. Dirixida pola cineasta vasca afincada en Galicia Jaione Camborda,conta a historia de María, unha muller que axuda nos partos e que tras un suceso inesperado vese obrigada a fuxir. En busca da súa liberdade, cruza a fronteira por unha das rutas contrabandistas entre Galicia e Portugal.

Salvaxe, salvaxe, dirixido por Emilio Fonseca, foi o documental gañador da Biznaga de Plata no Festival de Málaga de 2024 e eríxese como un ‘antidocumental’ que toma como punto de partida o rastrexo do lobo ibérico, interrogando a través da cámara a relación do humano coa natureza.

Justicia artificial é un thriller dirixido por Simón Casal ambientado nun futuro distópico no queGoberno español convoca un referéndum para decidir a implementación dun sistema de intelixencia artificial na administración de xustiza que se substituiría aos xuíces. Carmen Costa, unha recoñecidaxuíza, traballa no proxecto ata que unha súpeta desaparición faille desconfiar.

Sobre o Galician Film Forum

O Galician Film Forum (GFF) naceu no 2015 no seo dun grupo de galegos emigrados a Londres co obxectivo de crear un espazo para a difusión do cinema galego na capital británica. A súa actividade articúlase en tres eixes: como plataforma de exhibición, como observatorio da nova diáspora creativa audiovisual no Reino Unido e como espazo de reflexión sobre o cinema e a cultura galega en termos universais.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario