O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei coa concelleira, Olga García á cabeza, e co apoio da Deputada Provincial, Iria Castro, volveu concentrarse coa veciñanza das parroquias afectadas polo peche do consultorio de Castro de Rei.
O consultorio de Castro de Rei leva todo o verán pechado e a veciñanza das parroquias afectadas teñen que desprazarse ata Castro Riberas de Lea para ter atención médica «a veciñanza das parroquias afectadas xa estan cansas de que o PP os ningunee, o servizo médico precisase durante todo o ano» declara Olga García
A concelleira subliñou «é intolerábel que as veciñas e veciños deste concello non contemos con servizos sanitarios dignos, supón unha vulneración flagrante dos dereitos fundamentais da veciñanza afectada pois impede o seu acceso á sanidade pública e afonda nunha maior desigualdade da poboación de concellos rurais» e incidiu «o peche deste consultorio é unha decisión política, decisión da cal o goberno municipal é cómplice» pois non se esta tendo en conta que a veciñanza de Castro de Rei ten que desprazarse 20 km ata o centro de Castro de Ribeiras de Lea o cal tamén esta con servizos baixo mínimos»
O BNG de Castro de Rei xa presentou unha moción no pleno municipal para instar ao Sr. Alcalde a que se posicionara de lado da veciñanza e esixise á Xunta de Galicia a apertura deste centro, esta moción ía acompañada de 200 sinaturas recollidas polas parroquias afectadas » o grupo municipal do PP votou en contra desta moción, esta claro de parte de quen esta o Sr. Balado e a súa equipa» informa a concelleira nacionalista