Elena Candia: “A aprobación do proxecto da glorieta de Serra de Meira acredita que era o Concello de Lugo o que bloqueaba o Plan Paradai”

“O trámite que onte, socialistas e nacionalistas, aprobaron en Xunta de Goberno confirma as verdades que vimos dicindo de que  o goberno local de Lugo minte e de que está más preocupado en culpar a outras administracións que en traballar para rematar esta infrestrutura que suporá un revulsivo para a zona”

O Partido Popular defenderá no vindeiro pleno unha proposición para “que tanto Concello como CHMS axilicen os trámites de licitación e de execución desta infraestrutura”.

Os populares lamentan os anos que perdeu o Concello para avanzar neste proxecto tal e como se confirma coas diferentes adendas que se publicaron a última,  en xaneiro de 2024, que dan continuidade a outras anteriores con data de maio de 2021 e de decembro de 2022.

A voceira popular reflexionaba “impulsando este proxecto se evitarían novas adendas ao convenio que o único que suporían son novos retrasos nunha obra necesaria para o barrio e para a cidade”.

A aprobación onte na xunta de goberno local do proxecto da glorieta de Serra de Meira  desmonta as mentiras do goberno local e certifica que era o Concello quen  bloqueaba, de forma sistemática, o Plan Paradai “a discriminación do barrio era culpa dun Partido Socialista que estaba máis preocupado en culpar á Xunta que en traballar para avanzar nesta obra”.

Elena Candia afirmaba que “todos estos feitos confirman o que viñamos dicindo dende o Partido Popular de que o bloqueo do Plan Paradai estaba precisamente en accións que dependían do Concello e da Confederación” engadindo que “agora que se sabe a verdade e que sacaron a careta pedímoslles dilixencia”.

Os populares explican que a tramitación agora ten que pasar uns prazos mínimos: un mes de información pública dende que se publica no Boletín Oficial da Provincia; logo ten que volver á xunta de goberno para aprobación de forma definitiva; a continuación hai que sacar a licitación ao que hai que sumar un prazo de execución das obras de seis meses.

A voceira popular advirte ao equipo de goberno que seguiremos facendo un seguimento exhaustivo dos temas relevantes que están atascados no Concello por falta de xestión porque a veciñanza non merece máis enganos matizando que “este é o concello dos anuncios pero sin feitos que os avalen”.

Obra paralizada

Os populares recordan que o Plan Paradai “é dunha obra demandada polos lucenses dende que hai máis de 10 anos tras un investimento da Xunta de 10M€” indicando que “o proxecto para ese treito foi redactado pola área de Infraestruturas da Xunta no ano 2018, pero por mor de diferentes desencontros entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Lugo sobre aspectos técnicos impediron que se puidese rematar a pesar de que nos orzamentos da Xunta, dende o ano 2018, se dispón dunha partida de 500.000 € para esa actuación”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios