O percorrido da gastroneta de Ecolóxicos a Mares chegou á súa fin onte en Ribadeo

por Redacción Galicia

Con motivo do convenio de colaboración que xurdiu o ano pasado entre o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a raíz do cal naceu Ecolóxicos a Mares, neste mes de setembro levouse a cabo unha nova iniciativa na que se foron amosando as bondades e as delicias dos produtos ecolóxicos galegos do mar a través dunha food truck, a cal se foi achegando a diversas localidades da nosa comunidade. Tamén se repartiron agasallos e folletos informativos.

Durante a mañá de onte, de 12:00 a 16:00 horas, a gastroneta estivo na rúa San Francisco de Ribadeo como última parada. Asistiron ao acto o presidente do Craega, Francisco Valladares; o conselleiro do Mar, Alfonso Villares; o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, e a creadora de contido Leticia Varela. Unha das tapas que se puideron degustar nesta localidade da Mariña Lucense degustar foi sushi ecolóxico.

O obxectivo principal de Ecolóxicos a Mares é promover e mellorar a comercialización dos produtos ecolóxicos do mar galego. De feito, este convenio xorde coa intención de seguir consolidando Galicia coma un referente no sector acuícola nacional e internacional.

As paradas da food truck

O venres día 13 tivo lugar o acto de presentación en Vilanova de Arousa e, dende entón, a gastroneta realizou unha viaxe por toda a comunidade facendo parada en oito localidades en total: Vilanova de Arousa, Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Sanxenxo, Lugo e Ribadeo. 

O chef Xabier Arca foi o encargado da elaboración das diferentes tapas que se foron presentando estes días. Varios creadores de contido se achegaron durante estes días á food truck:  Blondiemuser, Donkeycool, Rubén Prieto, Engaliciamorate, Rogelio Santos, Sen Paraxe e Leticia Varela.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario