O PP repasa os avances de proxectos de saneamento, abastecemento e conservación do patrimonio de Esperante e Calde

por 21 Noticias
  • A voceira do Grupo Municipal, Elena Candia e a concelleira Flora Rubinos, mantiveron unha xuntanza de traballo coas  directivas da Asociación de veciños de Esperante e da Asociación Veciñas de Santa Eufemia de Calde “para traballar xuntos e facer seguimento de proxectos que son moi importantes para ambas parroquias e que contan co respaldo da Xunta de Galicia”.
  • Abordaron o impulso do convenio de saneamento coa ampliación do abastecemento para ambas parroquias indicando que “arestora está na fase de supervisión do proxecto, tras varios meses esperando, logo de que a semana pasada chegase a solicitude do Concello para facer unha reunión técnica con Augas de Galicia”
  • Neste encontro tamén repasaron os traballos que se van a levar a cabo na igrexa Esperante onde se acometerán obras de melloras, tanto no seu exterior como no interior, así como a renovación da instalación eléctrica, e a renovación dos canalóns para evitar filtracións e dotar de megafonía.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario