Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan a situación que viviron hoxe os veciños do Fondo da Vila, na parroquia mindoniense de Santa María Maior que viron como a auga volveu a danar as súas propiedades xa que aínda non se repararon as drenaxes da estrada provincial LU-P-3103 o que provoca que a auga non se canalice correctamente e percorra a estrada “entrando en casas e propiedades”.
Antonio Ameijide esixe “solucións inmediatas” ao goberno de José Tomé tras máis dun ano “sen facer nada” por corrixir esta situación. “Levamos máis dun ano facendo seguimento desta estrada e aínda non se actuou pese ás nosas peticións, as do Concello de Mondoñedo e as dos propios veciños afectados”, explicou.
O temporal “foi duro” pero “se realizasen as reparacións oportunas cando tiveron ocasión, seguramente os veciños non terían que estar lamentando danos nas súas propiedades”.



· As tubaxes rebentaron pola presión da auga en momentos de intensas precipitacións «xerando danos no asfalto e nas vivendas e un risco innecesario a persoas e vehículos»
· Antonio Ameijide esixe a Tomé medidas urxentes para canalizar a auga de escorrentía de xeito adecuado, con canalizacións de drenaxe lonxitudinal e transversal con capacidade suficiente, limpar as cunetas e reparar os danos no firme