O ciclo ‘Luz ó Deporte’ volve o próximo luns á sede da Xunta cunha charla do psicólogo deportivo Joaquín Dosil

por Redacción Deportes

A Fundación Breogán, coa colaboración do Goberno galego, organiza unha nova edición desta serie de conferencias abertas ao público en xeral pero enfocadas principalmente a rapaces e rapazas de centros educativos lucenses.

A Fundación Breogán, coa colaboración da Xunta, organiza a terceira edición do ciclo Luz ó Deporte, no que participarán recoñecidos deportistas que falarán da súa experiencia a rapaces e rapazas de centros educativos lucenses.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada, presentaron hoxe o programa na Delegación Territorial da Xunta acompañados da maioría dos protagonistas das charlas. A primeira será o próximo luns 30 de setembro, ás 12,00 horas, a cargo do psicólogo deportivo Joaquín Dosil, actual coordinador do Servizo de Psicoloxía do Deporte no CB Breogán e no Celta de Vigo.

Dosil é profesor na Universidade de Vigo e ten unha destacada traxectoria no ámbito deportivo. Na súa intervención falará da psicoloxía como ferramenta para potenciar o rendemento deportivo e persoal.

As seguintes participantes serán as xogadoras de voleibol Jessica e Lucy Akamere – 21 de outubro -; o capitán do Lugo Sala, Miguel Muñoz -18 de novembro -; e o boxeador Enmanuel Reyes Pla – 16 de decembro -.

As xornadas van enfocadas de maneira especial a mozos e mozas adolescentes, aínda que están abertas ao público en xeral ata completar aforo. Todas as sesión serán no salón de actos da Delegación da Xunta ás 12,00 horas.

Arias destacou que todos os participantes poden aportar aos rapaces e rapazas que asistan a estes encontros “experiencias útiles que lles axuden ao seu desenvolvemento persoal”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario