O CP Conxuro organiza o Campionato III Fase de Niveis

por Redacción Deportes

 O CP Conxuro organiza o Campionato III Fase de Niveis (Niveis 4 ó 10) da zona Norte, campionato  que se vai celebrar no pavillón Municpal da Laracha,  este sábado día 28 de setembro  desde as 9:30 ata as q4:30 horas.
Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cen patinadores da provicia da Coruña, donde executarán o seu programa para intentar acadar o seguinte nivel
Tomarán parte no evento catorce clubs de patinaxe de toda a provincia,  en concreto Escola Lubiáns, Club Patiart,CP Aura, Club Deportivo Fervello, CPA Inercia, CPA As Pontes, CP Lenda, CPA Brincadeira, CPA O Corgo, CP Alquimia, CPA Costa da Morte, CP Axel , Club Compañia de Maria e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario