O Grupo Socialista apoia a folga indefinida na CRTVG contra a externalización de programas

por Redacción Galicia

Carmen R. Dacosta alerta fronte ao continuo “maltrato” do persoal do ente público e os interminables “ataques á independencia e a liberdade informativas

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG do Parlamento, Carmen Rodríguez Dacosta, amosou hoxe o apoio dos socialistas galegos á primeira folga indefinida da historia da CRTVG, que comezou hoxe. A responsable socialista subliñou que a protesta pono o foco na externalización do programa A Revista, no camiño do desmantelamento do ente para dotar ao PP do “control absoluto dos medios públicos”.

A parlamentaria socialista comezou a súa intervención citando ao grupo vigués Golpes Bajos, cando cantaban “Malos tempos para a lírica”, para subliñar que segundo o Comité Intercentros, que convoca esta folga, está “en xogo” o modelo de medios de Galicia. Dacosta lembra que a externalización deste programa continúa á externalización dos boletíns informativos e antecede ao proxecto de Lei que prepara o goberno galego para garantirse o control do medio.

Dacosta presentou unha pregunta oral na Comisión da CRTVG diante da falla de diálogo por parte da dirección do ente á hora de acordar a clasificación profesional da plantilla, impoñendo unha modificación substancial para “eliminar a función dos xornalistas de redacción na elaboración de contidos”. Deste xeito “suprimen dun plumazo o único espazo que ostentaba certa independencia” e supón un novo “ataque en toda regra á liberdade infomativa”.

Critica a falla de vontade de negociación da nova clasificación profesional, porque “o plan vai máis alá desa nova clasificación profesional” porque “busca unha contratación á carta, para cubrir todo o que se precise”. Acusa á dirección de priorizar a externalización, e “se para elo teñen que desdotar aos traballadores de funcións o fan sen que lles treme o pulso”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario