Bernardo Fernández, secretario xeral do PSdeG Provincial, quixo trasladar hoxe en Muxía “todo o apoio do socialismo galego a Iago Toba e a todos os veciños de Muxía, ós que se lles vai impoñer un alcalde que non elixiron nas urnas”.
“Ana Pontón debe aclarar se cumpre o que di ou só fala para a galería, o BNG ten nas súas mans parar esta moción de censura ou permitir que saia adiante”
Bernardo Fernández arremete contra Ana Pontón para que aclare, xa que considera que “PP y BNG nin sequera aclaran se entrarán no goberno local, que pode ter só dous concelleiros”, apunta Fernández, que lle pide “a Ana Pontón que diga o que pensa sobre a moción en Muxía e actúe”.“a moción de censura é un atropelo democrático, van impoñer por intereses espúreos un alcalde dun partido que só obtivo dous concelleiros nas pasadas eleccións”,Os socialistas da Coruña celebraron hoxe en Muxía a súa executiva provincial para analizar a moción de censura e apoiar ao alcalde.
“Non nos sorprende que o PP entre nestas maniobras, pero si o BNG, que di unha cousa pero fai a contraria”, afirma Fernández. “Pero non é a primeira vez que o BNG fai algo parecido, como pasou en Cariño, e aquí en Muxía anunciaron a apertura dun expediente, pero non a expulsión”, asegura.
“Iago Toba liderou nas eleccións o partido máis votado con diferencia e seguirá traballando por Muxía”,
Pola súa, parte, o alcalde de Muxía, Iago Toba, manifestou que “a xente na rúa non entende nada e nos apoia, non é loxico o que vai pasar”, ademais de afirmar que pasará á oposición “tranquilo e cos meus valores intactos, presentareime ás próximas eleccións con máis forza que nunca”.
“Nós temos as cousas claras e non cambiamos, non imos engañar ós nosos veciños, fronte a esta moción que non ten lóxica, pero a xente de Muxía é intelixente e non o compra”, advirte Toba.
“Doblamos en votos á segunda forza política e cuatriplicamos os votos do BNG, que agora quere manexar o cotarro. Ana Pontón debe deixar de agocharse e dar a cara con contundencia”, remata o alcalde.