Mobilizacións agrarias mañá martes, día 20, en Galicia

por Óscar de Souto

Algunhas organizacións agrarias galegas organizan estas protestas coas seguintes reivindicacións e demandas: prezos xustos, racionalización da burocracia esixida ás granxas, cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) e Unións Agrarias (UUAA) desenvolverán a partir das 12h. de mañá, MARTES 20 de febreiro, mobilizacións con presenza de tractores en Lugo, Ourense, Lalín, Compostela, A Coruña, Ortigueira, Vimianzo e Pedrafita.
O grupo mais coñecido, Agro Muralla de Lugo, que xa fixeron protestas antes das autonómicas manifesta a 21noticias.com o seu apoio a estas convocatorias pois concordan coas súas reivindicacións, a pesar de que non é organizador das mesmas.

En concreto, estas protestas prevén cortes de estradas en accesos a Galicia, todas entre as 12 h e as 17:00, en sitios como Pedrafita (Lugo), Ribadeo (Lugo), Lalín, Compostela, A Coruña, Ourense ( perante a subdelegación do Goberno), Ortigueira, etc.
Destacar as protestas na Coruña, ante a Delegación do Goberno, así como en Santiago, ante a Xunta.

Protestas previstas na Costa da Morte :
VIMIANZO
Mobilizacións agrarias conxuntas en toda #Galiza
DE 12:00H A 17:00H
Encontro de tractores: Avenida de Fisterra.
Punto de concentración: No cruce entre Avenida de Fisterra e Rúa Trasariz en #VIMIANZO🗣️
Baixo o lema : #LoitaLabrega por un #MedioRuralVivo

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario