Turismo de Monterrei recibiu, dende xuño ata setembro, case catorce mil visitantes (13.951)

por 21 Noticias

A actividade do servizo de turismo tivo o seu punto máis elevado nos meses de xullo e agosto, con case que 9000 visitantes, entre ámbolos dous meses; tendo tamén o servizo de atención ó visitante durante tódolos días da semana, neses dous meses.

A actividade de visita guiada é a preferida para coñece-la vila de Monterrei, que inclúe un percorrido pola Acrópole (distintas liñas de muralla; interior do Hospital da Trindade como centro de actividades expostivas e culturais; interior da Igrexa de Santa María de Graza; exterior do Pazo dos condes de Monterrei, Praza de Armas e Torre da Homenaxe). A frecuencia de visitas aumentase nos períodos de maior número de visitantes na zona, como é meses de xullo e agosto cando se levaron a cabo visitas en 2 turnos tódolos días.

Os visitantes chegaron de forma individual ou como participantes nos eventos e grupos que fixeron visita á vila de Monterrei. Destacando a festa de interese turístico e cultural da Xuntanza Internacional de Gaiteiros ou otras actividades organizadas pola propia oficina de turismo como un obradoiro infantil para identificar marcas de canteiros.

  • A procedencia dos visitantes. Os visitantes á Acrópole de Monterrei viñeron, principalmente, de Galicia. Circunstancia que se repite ó longo do ano. Aínda que se percibe un aumento de visitantes de outras comunidades. Os visitantes do centro da península son os máis numerosos que empregan a comarca como punto de entrada ou saída de Galicia. A referencia internacional segue a estar encabezada polos visitantes portugueses, pero con referencias internacionais como Nova Zelanda, Israel, Australia… ou a máis habitual presenza de visitantes anglosaxóns, tanto de Reino Unido, facendo rutas de Paradores ou en autocaravana, ou estadounidenses interesados no mundo do viño.
  • Principais solicitudes de información e estadía dos visitantes. O visitante cando se achega á oficina de turismo de Monterrei demanda información, da Acrópole e como visitala. É frecuente a demanda sobre Verín e a comarca de Monterrei resto da provincia de Ourense, cunha media de un ou dous días de estadía, cunha especial interese polos recursos monumentais e de enoturismo da comarca.

A maioría dos visitantes soen estar de paso, aínda que elixen Monterrei, coñecendo, de xeito previo, o que poden atoparse.

5 de outubro: A III Festa da Vendima ou a VII edición do concurso de pintura ó aire libre na vila de Monterrei

Neste momento, comezos de outubro a actividade centralizase en grupos, que xa teñen concertada a súa visita para o que resta do ano, actividades para escolares que veñen a coñecelo patrimonio e a historia da vila e a organización de eventos. Os máis próximos no tempo serán o vindeiro 5 de outubro: A III Festa da Vendima ou a VII edición do concurso de pintura ó aire libre na vila de Monterrei.

Os horarios seguirán de mércores a domingo de 10:30 a 14:00 e de 15:00 a 19:00h, no mes de outubro e de 10:30 a 18:00h, dende o mes de novembro. Tendo a posibilidade de realiza-la visita guiada, previa reserva, de mércores a domingo ás 11h e tamén de venres a domingo ás 16h.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario