Dano Cerebral Galicia (antes FEGADACE) celebrará unha sesión informativa sobre ocio inclusivo e accesible para persoas con discapacidade que celebramos este luns 7 de outubro, ás 10.30h, na sede da asociación Sarela en Santiago de Compostela.
A actividade diríxese a profesionais da xestión cultural, tanto do sector privado como público, e ten como obxectivo trasladar recomendacións para eliminar os principais obstáculos que impiden ou condicionan a participación de persoas con discapacidade, en xeral, e con dano cerebral adquirido, en particular, no acceso e goce das programacións culturais e lúdicas.
.