Haberá “showcookings” diarios co chef André Arzúa, do restaurante Espazo Abella de Santiago de Compostela, e degustacións dos produtos de Chichalovers, Lodeiros, Bonilla a la vista, Aruba cafés e Ternura.
A área de turismo da Deputación viaxa a Granada para participar na novena edición da Feria de los Pueblos, que se celebra do 4 ao 6 de outubro. Alí estará representada a gastronomía da provincia cun stand no que se ofrecerán diversas experiencias gastronómicas representativas da provincia, como showcookings e degustacións de produtos de alta calidade.
O chef André Arzúa, do restaurante Espazo Abella de Santiago de Compostela, realizará varios showcookings diarios a partir das 14:00 horas, empregando produtos locais como rodaballo, linguado ou queixo curado da DOP Arzúa-Ulloa. Ademais, haberá degustacións dos produtos locais de Chichalovers, Lodeiros, Bonilla a la vista, Aruba cafés e Ternura.
A presenza de Deputación neste evento gastronómico, a través da área de Turismo, está enmarcada na campaña turística e gastronómica “A provincia que sabe”, que nace para recoñecer e identificar a excelencia da cadea agroalimentaria da provincia.
A través desta campaña, a institución viaxa a diferentes feiras de todo o Estado, nas que promociona a materia prima de diferentes produtores e produtoras locais da provincia, e tamén o traballo de cociñeiros e cociñeiras emerxentes que poden mostrar o seu talento e os seus proxectos.