A Deputación da Coruña redacta o proxecto para a mellora da seguridade vial no núcleo de Callobre, en Oza-Cesuras

por Redacción A Coruña

O proxecto incluirá a ampliación da estrada e a habilitación de sendas peonís, completando as melloras realizadas na estrada DP 6301 tanto na entrada coma na saída do núcleo

A Deputación da Coruña acolleu hoxe a sinatura do contrato para a redacción do proxecto de mellora da seguridade vial na estrada DP 6301 ao seu paso polo núcleo de Callobre, no municipio de Oza Cesuras.

O proxecto deberá detallar as actuacións necesarias para a ampliación do vial entre os puntos quilométricos 1+180 e 1+720 e a habilitación de sendas ou beirarrúas accesibles que permitan un tránsito peonil seguro aos residentes de Callobre.

As obras completarán as melloras xa efectuadas pola Deputación tanto no tramo da estrada que da acceso a Callobre coma no de saída do núcleo, donde a sección do vial foi ampliada de cinco a oito metros de ancho, contribuíndo así a unha importante mellor na seguridade do tráfico.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario