Así mesmo, o presidente provincial destacou o “acaído” que foi escoller Ourense para celebrar esta xornada, xa que é precisamente onde se está a construír o Centro de Excelencia en Ciberseguridade, “outra aposta da Xunta pola nosa provincia que dará unha resposta excepcional á altura do capital humano que temos en Ourense”.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia, na inauguración da xornada “Galicia segura: innovación e ciberseguridade”, o IV Encontro galego de ciberseguridade, onde estivo acompañado pola alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa; polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño; e polo director da Tecnópole, Javier Taibo.
Na súa intervención, Luis Menor puxo en valor o compromiso e sensibilidade da Deputación de Ourense coa ciberseguridade, sendo un dos membros fundadores do nodo galego de ciberseguridade, CiberGal. Un compromiso que continúa a materializarse a través de distintos proxectos como o «AcelerOU” co que a Deputación impulsa a transformación dixital das pequenas empresas ourensás. Este proxecto suporá un investimento de 474.224,60 € e “pretendemos chegar a 1.000 pemes e traballaremos para que, ao menos, o 30% das axudas se destinen a mulleres”, sinalou Menor.
Así mesmo, o presidente da Deputación destacou o “acaído” que foi escoller Ourense para celebrar esta xornada xa que é precisamente onde se está a construír o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Ourense, “outra aposta da Xunta pola nosa provincia que dará unha resposta excepcional á altura do capital humano que temos en Ourense”, engadiu.
Neste sentido, o presidente provincial agradeceu ao goberno autonómico que hai 30 anos apostara por Ourense para instalar o Parque Tecnolóxico de Galicia que crea emprego e xera riqueza na nosa provincia. Unha aposta que agora se continúa e coa mesma importancia coa ubicacióndeste Centro de Excelencia en Ciberseguridade neste lugar, puxo en valor o presidente da Deputación.