- “Todas as variables que analizamos (remanentes, aforro e liquidez), están refrendadas polo informe do interventor e confirman “o derroche sen control dun goberno que debilita a solvencia económica do concello e, tamén, certifica que socialistas e nacionalistas “seguen sen tomar medidas en investimentos que non son prioritarios e en aqueles gastos que son claramente prescindibles”
- Elena Candia afirmaba que “non podemos apoiar este documento que proba a mala xestión económica do PSOE e do BNG no exercicio contable de 2023” engadindo que “a única medida coñecida para corrixir os seus despilfarros é a suba de taxas aos cidadáns aprobada no pleno do 26 de setembro co voto en contra do PP”
- As explicacións que deron hoxe, na Comisión de Contas, confirman que PSOE e BNG pretenden cumprir os informes de intervención facendo pagar aos lucenses o que significa que “de novo a cidadanía asume os excesos dun goberno que despilfarra sen control”
- Os populares insisten en reclamar un cambio nas prioridades manifestando que “en 2023 o investimento por habitante foi un pírrico de 178€ por cada lucense mentres que o gastou foi de 1.163€ de gasto”.
- Os populares, máis alá de facer unha valoración estrictamente política consideraron axeitado que constasen na acta da comisión de contas celebrada hoxe, párrafos literais do informe de intervención, entre outros, o seguinte: “dende que tivo lugar a supresión das regras fiscais, o concello ten experimentado incrementos de gasto computable que se teñen situado de xeito recorrente en valores elevados, e ten suposto, en termos xerais unha drástica redución do superávit existente anteriormente. Baste ver a evolución do remanente líquido de tesourería, do estado de fluxos de efectivo ou o aforro neto nos últimos anos para decatarse desta situación”.
- Da análise da Conta Xeral se conclúe que o concello ten experimentado un incremento de gasto de maneira insostible e que calquera variable que estudemos, remanentes, aforro ou a propia liquidez vese reducida de maneira drástica
1. Remanentes (reflexan a situación de liquidez da entidade do peche do exercicio e que está disponible para gastos ou investimentos) (Ver paxina 5)
- O Partido Popular recordaba que os importes do ano 2019 en remanentes de tesourería para gastos xerais eran preto de 52 M€ (1.895.3421,84 adxuntamos documento)
- Chama poderosamente a atención que no ano electoral PSOE e BNG gastasen 15 M€, o que demostra unha desmedida evolución do gasto:
- Segundo os datos da liquidación:
- Ano 2021: 35.691.994
- Ano 2022: 22.368.763,80
- Ano 2023: 5.353.494,92
2 Aforro (Ver páx. 5 Variación Neto del Efectivo)
- Outra magnitude que figura no informe de intervención e que reflexa o despilfarro é o aforro neto axustado que no ano 2021 era preto de 17.5 M€ e no ano 2023 foi de 1M€.
- Constantemente, os informes técnicos advirten dunha evolución ascendente en materia de gasto que foi asumido polo aforro xerado con anterioridade sen adoptar ningunha medida, como así o especifica o interventor, afirmando que “hai un constante engrosamento do gasto corrente en prexuízo do esforzo inversor”
Existencias/liquidez (Ver paxina 4: Estados de fluxos de Efectivo)
- No exercicio 2023 hai un resultado negativo de -11.457.564,43 (xa que a liquidez ao inicio de periodo era de 18.389.356,63, e ao remate do exercicio 6.931.792,20). O preocupante é que esta tendencia segue á alza dado que non se adoptou ningunha medida, e que en 2022 era de -8.484.017,97