José Tomé entrega o I Premio Executivas Internacional á directora Financiera de la OCDE, á lucense Ana José Varela

por 21 Noticias

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres na entrega do I Premio Executivas Internacional á directora Financeira da OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico), a lucense Ana José Varela González. Con este galardón, que convoca por primeira vez a Asociación de Executivas de Galicia, a entidade recoñece o seu recorrido laboral, así como as iniciativas que desenvolve na loita pola igualdade.

Ao acto, que tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, tamén asistiu o Voceiro do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, o Presidente da Deputación de Coruña, Valentín González Formoso, e a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, entre outras autoridades.

Neste evento, a entidade tamén recoñeceu o labor e a traxectoria profesional da doutora en Dereito, a tamén lucense Mª Emilia Casas Baamonde, co IX Premio Executivas de Galicia. Ela foi a primeira muller Catedrática de Dereito do Traballo e Seguridade Social de España e, ademais, tamén presidiu o Tribunal Constitucional entre o 2004 e o 2010. Actualmente preside o Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da Deputación de Lugo (Tarclu). 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario