Morre unha muller en Moaña tras caer cun coche ao mar

por Óscar de Souto

O corpo sen vida da muller foi localizado flotando na auga durante as tarefas de retirada do vehículo, manexado por un home ao que rescataron os servizos de emerxencias.

Na madrugada deste sábado día 5 a Policía Local informou de que foron avisados por unha testemuña que presenciou como un coche caía en dirección ao mar.

Solicitouse dende o 113 a presencia do 061, de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, Bombeiros do Morrazo, Garda Civil —tamén dunha patrulla de Tráfico— e dos voluntarios de Protección Civil de Moaña. Tamén foron informados os Bombeiros de Vigo.

Pola súa banda, Salvamento Marítimo mobilizou ao seu persoal a bordo da embarcación de rescate Salvamar Mirach e, pouco despois, os axentes da Garda Civil explicaron que no coche, que caeu ao mar, viaxaban un home e unha muller. Os bombeiros conseguiron rescatar a un varón, condutor do vehículo, pero continuaban cos traballos para localizar á outra persoa.

Finalmente, os equipos de intervención rescataron o corpo sen vida dunha muller, que se atopaba aboiando na auga, durante as tarefas de retirada do coche. Os profesionais sanitarios desprazados ata o lugar nunha ambulancia e só puideron confirmar o seu falecemento.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario