O PP de Foz pídelle ao BNG que lle esixa aos seus socios de goberno do PSOE que reinicien a contratación da Residencia de Maiores

por Redacción Lugo

“Non se pode consentir que Cajoto siga pintando a comedia na rúa desviando a realidade da crise da residencia que el mesmo provocou”, sinala Javier Castiñeira.

O Partido Popular de Foz pídelle ao BNG que lle esixa aos seus socios de goberno do PSOE que reinicien a contratación da Residencia de Maiores. “É hora de que, antes as comedias de Cajoto, o goberno de socialistas e nacionalistas traballen de forma serie e rigorosa sobre o novo contrato da residencia”, reclama o voceiro popular, Javier Castiñeira.

O BNG debe decidir se quere seguir sendo goberno ou se vai a facer oposición porque, tal e como leva facendo nestes últimos cinco anos, nin é unha cousa nin é outra. “Se son goberno esíxanlle ao señor Cajoto que empece a xestionar e deixe o teatro e se non o son, dende logo, deben tomar decisións. En calquera das dúas opcións, o Partido Popular sempre vai a estar aberto ás negociacións e sacar as cousas para adiante. Ao que non vamos estar dispostos é á comedia e teatro do señor alcalde ante ás institucións e unha das nosas prioridades é que a residencia siga sendo municipal”, explica o voceiro do PP de Foz.

“Non se pode consentir que Cajoto siga pintando a comedia na rúa tratando de desviar a realidade da crise da residencia que el mesmo provocou”, sinala JavierCastiñeira desviando

O BNG, no seu día, votou a favor de que Residencia de Maiores fora municipal, igual que o PP, polo que non pode permitirlle ao señor alcalde que devolva a residencia á Xunta de Galicia co que ser perdería a prioridade que teñen os veciños de Foz para entrar na mesma.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario