Unha das consecuencias da falta de previsión é que «en catro días cambiaron ata tres veces de coidadores aos 34 nenos que utilizan o servizo»
Para o Partido Popular “o goberno local non está á altura das circunstancias na crise aberta na gardería municipal, a situación de maior irresponsabilidade vista no concello de Lugo nas últimas dúas décadas” lamentando a deixadez de funcións así como a falta de información ás familias que precisan do servizo da gardería municipal.
Elena Candia que lembrou que este conflicto laboral arrastra dende o ano 2014/2015 se agravou no ano 2019 recriminándolle á alcaldesa que, por aquel entón era concelleira responsable de persoal “enviou á fiscalía esta cuestión”.
Pedimos responsabilidades ao goberno local dos motivos polos que o conflicto laboral deste centro non se atallaron a tempo xa que “Paula Alvarellos era coñecedora desta situación” explicando que “fixeron caso omiso da petición de axuda das traballadoras; tampouco contestaron ao Valedor do pobo; nin a inspección de traballo nin ao Comité de Avaliación de Acoso laboral.
A estas catro institucións se lles ignorou de maneira reiterada, ademáis o pasado 2 de setembro as traballadoras advirten do que ía acontecer.
A popular tamén se referiu ao informe do Comité de avaliación de Acoso Laboral que se creou o 22 de xullo de 2022 para resolver esta casuística no que se propoñen varias medidas para resolver este conflicto laboral e llas remite órgano municipal competente e á delegada de persoal, Paula Alvarellos, para que adopte a resolución que corresponda no prazo de 10 días que nunca se chegan a materializar e engadiu que nin tan sequera se fixo un protocolo de acoso tal e como se recomendaba.
Neste contexto chegamos á situación actual onde pais e nais das garderías de Gregorio Sanz e Serra de Outes teñen unha total incerteza do que vai suceder e como solución provisional se contrata a unha empresa privada a través dun contrato de emerxencia (decreto 9 de outubro de 2024) en vez de recurrir ás listas de interinidade.
Por último, dende o Grupo Popular puxéronse a disposición de traballadoras e pais e nai informándolles a través dun escrito, que está no taboleiro da propia gardería, dos pasos que a agrupación está a dar para contribuir a que “haxa unha información clara e transparente e que de maneira urxente se adopten as medidas necesarias para que a calidade do servizo e a tranquilidade dos usuarios sexa o primeiro”.
Para os populares tamén resulta inexplicable e indignante “o descoñecemento e a deixadez de socialistas e nacionalistas cos problemas de funcionamento da gardería unha vez que se lles comunica a situación na que está, así como a falta de implicación e de poñer riba solucións, unha actitude que contrasta totalmente cos ataques que fan cando critican a outras administracións.
“Agora é o momento de resolver o conflicto para tranquilizar aos pais e nais e máis tarde virán as responsabilidades”.