O PP reclama un San Froilán para todos e menos soberbia política no labor do goberno

  • Os populares afirman que na organización do San Froilán botaron en falta “máis humildade, máis escoitar ás distintas sensibilidades e lembrarse de que teñen que gobernar para todos e non para uns poucos”
  • Os populares queren deixar claro que “este non é o noso San Froilán” lembrando que decidiron abandonar a comisión de festas porque nos negaron a información sobre as contas e non  aceptaron as chamadas a unha maior participación para facer unhas festas para todos.
  • A mellor proba do pouco éxito da organización das festas patronais da capital da provincia é que a propia concelleira de Cultura fuxiu das fotos e deixou ao seu asesor a tarefa de asumir responsabilidades e indican como “a propia alcaldesa se posicionou para traer concertos de pago, un modelo contrario ao que defende o seu socio de goberno”.
  •  Dende o Partido Popular creemos que “o San Froilán é un patrimonio inmaterial que sobrevivirá a todos os atrancos do goberno local,  así como á súa mala xestión e pouca previsión”

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios