O Ineltrón Santo Domingo Betanzos recibe o PBB Godoy Maceira

por 21 Noticias

Segunda xornada do grupo AB da Tecera Feb e Ineltrón Santo Domingo Betanzos, logo da súa derrota por 71-65 en Culleredo, busca inaugurar o seu cadro de vitorias. O rival, malia ser un “recén ascendido” non vai ser unha peza fácil: o Porriño Baloncesto Base (PBB Godoy Maceira por cuestións pubicitarias), un equipo, eficazmente dirixido polo veterano Jenaro Díaz que mantén o grupo dende hai tempo e xoga de memoria. Así o ve Antonio Díaz “Doc”, adestrador dos betanceiros: “Ambos os dous equipos coñecémonos ben, así que imaxino que será un partido semellante aos anteriores, igualado, intenso e esixente física e mentalmente. Debemos impoñer o noso ritmo e mellorar o acerto en tiro. Penso que eles virán con ganas de sobreporse á derrota na casa fronte ao Círculo Xixón, así que debemos estar preparados para un rival que virá a por todas”. Pero o partido vai máis alá do deportivo.

Homenaxe a José María Valeiro Iglesias “Tocayo”

Durante o mesmo vaise realizar unha homenaxe a José María Valeiro Iglesias “Tocayo” (1972), presidente da entidade durante máis de 23 anos, tristemente falecido este verán. A nova directiva entregaralle á familia a distinción de Presidente de Honra do club e, para facilitar que se sume á convocatoria o meirande número de persoas, tanto do mundo do baloncesto como público en xeral, a entrada (O Carregal, 17h) vai ser gratuíta.

Difíciles partidos para a canteira

Polo demais, a fin de semana do 19-20 de outubro trae partidos para todos os gustos. Polo que toca aos equipos femininos, as sénior do Grelo Santo Domingo reciben ao Artai de Carballo o domingo nas Mariñas, as júnior de InforB xogan en Ferrol o sábado contra Baxi, as cadetes de Decornaveira xogan na casa contra Básquet Coruña e as infantís de Warnier Informática fóra contra Arteixo. Pola súa parte, o sénior de Segunda División recibe no Carregal ao Sarria, La Goleta viaxa a Cee o sábado á tardiña e os júnior xogan nas Mariñas contra Los Rosales 07; os cadetes de Grelo, os cadetes Rojo e os infantís J.Caamaño Arquitecto de Primeira División comparten un difícil club rival: o Básquet Coruña. (Os dous primeiros xogan fóra e estes últimos o sábado ás 12h no Carregal). La Piccola, os infantís de Segunda, xogan tamén na casa contra Compañía de María.

A totalidade dos partidos da canteira foron programados para que non coincidisen no seus horarios co partido do primeiro equipo e a homenaxe a José María Valeiro.

PUBLICIDADE

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario