- Logo de anos de inacción e de mentiras, por parte do PSOE e do BNG, atribuíndolle á Xunta a responsabilidade de arranxar esta zona “pedimos ao goberno local que chegue a acordos co goberno de Sánchez, é hora de que tomen medidas xa”
- Os populares recriminan “que moito levan falado, pero pouco traballado á hora de ofrecer solucións reais para arranxar o mal estado do aparcadoiro que hai na contorna desta instalación deportiva que é moi utilizada por xogadores, familiares e espectadores dos sete clubes que acoden a estas instalacións”
O Goberno de Sánchez di ao Concello que non pode ceder de forma gratuita
- Dende o mes de febreiro, e tras numerosas reunións mantidas pola voceira do Grupo Popular con representantes do Concello, do Goberno central e do Ministerio de Defensa, confirmouse que os terreos son titularidade do Ministerio de Defensa, en concreto ao INVIED (Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa).
- Esta realidade contradí as afirmacións de socialistas e nacionalistas, que dedicaron os seus esforzos a facer oposición á Xunta con mentiras en vez de traballar para solucionar o problema.
- Os populares lembran como no mes de maio, os deputados nacionais presentaron unha pregunta á Mesa do Congreso para aclarar se o Goberno de Sánchez tiña previsto ceder os terreos ao Concello de Lugo ou, polo menos, conceder un permiso para a súa adecuación e uso. A resposta, recibida en setembro, indicaba que se trata de bens patrimoniais xestionados polo INVIED, cuxo Estatuto non permite ceder bens ou dereitos de maneira gratuíta.