Coincidindo co 25 aniversario da inauguración da reforma da Fábrica da luz de Lugo a voceira popular analizou o protocolo, que a alcaldesa vén de asinar coa CHMS, indicando que “o documento é unha declaración de intencións, que non clarifica nada, e que chega con moitos anos de retraso”
Elena Candia reitera que “eso é o ecoloxismo responsable e por iso, dende o PP, vémonos na obriga de revisar os proxectos que anuncia o PSOE e o BNG xa que a situación económica do Concello neste momento é moi preocupante tal e como certifica o crédito que veñen de pedir de 13M€”.
A popular lembrou como dende o inicio deste mandato o Grupo Municipal foi moi crítico con outras iniciativas deste mesmo corte como “os custes e a falta de utilidade do Edificio Verde, o raquítico uso das Caldas ou a pouca repercusión que está a ter do carril bici”.
Neste contexto, a popular dixo sentir “unha profunda decepción” con respecto ao protocolo que asinou, hai uns días, Paula Alvarellos coa Confederación para poñer en valor a Fábrica da Luz aclarando que “este encontro, sendo o primeiro da axenda institucional da alcaldesa, non representa ningún compromiso formal”.

De feito, na páxina 5 do protocolo destácase que “o documento non ten contido obrigacional, é dicir, sen que do mesmo se derive compromiso efectivo para as partes, compromiso para o cal, de selo caso, se estará ao que se estableza no preceptivo e específico convenio”.
Os populares aseguran que para proceder ao desenvolvemento das obras é preciso formalizar o acordo a través dun convenio lamentando que “Alvarellos intente confundir á cidadanía” e interpretando esta posta en escena como “un intento á desesperada para tapar a súa falta de xestión”.
Dende o Grupo Municipal explican que “parece que siguen utilizando a mesma técnica de repetir mentiras para intentar que se convertan en verdades, moitos titulares e infografías pero o protocolo que deixa no aire a utilización do inmoble.
Nós cremos na política dos feitos e o feito é que acaban de firmar un protocolo que non clarifica nada, que vai cun retraso e que nos custa cada mes como mínimo os 1.694 € mensuais do aluguer dunha nave do Corgo onde están gardadas as dúas turbinas deste edificio.

O SACO SEN FONDO DA FÁBRICA DA LUZ
A fábrica da luz, situada nun lugar privilexiado ao pé do Miño, é un exemplo de despilfarro e de mala xestión de 25 anos de gobernos socialistas xa que “malgastaron diñeiro público na súa rehabilitación en varias ocasións, e fracasaron no intento de dárlle un contido para o disfrute dos lucenses: Hoxe o edificio está peor que nunca, desmantelado e vandalizado”.
A situación na que se atopa a fábrica da luz “é un reflexo de como xestiona o patrimonio municipal o PSOE eo BNG: Primeiro gastan un millón de euros para arranxar o edificio; logo o regalan por un cánon ridículo , por último, deixan pasar prazo da solicitude da prórroga e o concello acaba no xulgado condenado a pagar2.5M€ de indemnización pola concesión fallida.
A maiores levamos gastados dende marzo de 2022 e ata a actualidade 45.738 M € do alugueiro dunha nave no Corgo (1.694 € mensuais) para gardar as dúas turbinas da fábrica da luz que custaron 700.000€.