Antas de Ulla. «O concello debe facer fronte aos 319.000 euros de débeda por impagos herdada do anterior goberno local»

Este paso forma parte da sinatura dun convenio interadministrativo de colaboración cos concellos de Monterroso, Guntín, Palas de Rei, Portomarín e Taboada para impulsar a redución do consumo e a factura enerxética.

O convenio inclúe un estudo estratéxico individualizado para o aforro enerxético no Concello de Antas de Ulla e, por outra parte, os seis concellos prevén contratar de forma centralizada e conxunta a subministración de enerxía eléctrica para as dependencias, instalacións e iluminación pública mediante procedemento aberto.

A Alcaldesa explica que “o obxectivo é optimizar os recursos enerxéticos, buscando o aforro e a redución de custos do(subministro eléctrico, é “un paso máis, xa que tamén cambiamos no concello a compañía comercializadora”.

Ademais, o concello debe facer fronte aos 319.000 euros de débeda por impagos herdada do anterior goberno local.

Por un lado, 84.378,24 euros que o concello debe pagar, por sentenza xudicial do 30 de decembro de 2020, por non cumprir os pagos pactados por Naturgy polos impagos do subministro entre os anos 2015 e 2017.

Os outros 234.622,57 euros derivan de impagos entre os anos 2017 e 2023. “Agora, todos os veciños e veciñas debemos pagar esa débeda mentres abonamos todos os meses a actual factura”, remata García Porto.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios