O voceiro popular, Raúl Pérez, destaca a importancia destes traballos xa que “con estas obras de mellora dende Navia poñemos o noso gran de area para mitigar os efectos do cambio climático xa que se reducirán as emisións de gases de efecto invernadoiro”.
Dende o Grupo Municipal do PP de Navia de Suarna poñen en valor e destacan a achega de 119.859€ que realiza a Xunta de Galicia para que se poidan realizar melloras de eficiencia enerxética no polideportivo municipal
O voceiro popular, Raúl Pérez, quere destacar a importancia destes traballos xa que contribuirán “a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro” polo que deste xeito “dende o noso municipio seguimos a poñer o noso gran de area para mitigar os efectos do cambio climático”, en liña coa Estratexia de cambio climático e enerxía 2050 e no marco do Programa Feder Galicia 2021-2027.
Raúl Pérez tamén destaca que estas melloras no polideportivo municipal contribuirán a mellorar “o aforro enerxético e económico” no municipio, ademais de mellorar “o confort de todas as persoas que se acheguen ata esta instalación”.
“Queremos destacar e agradecer o compromiso da Xunta de Galicia con todos os veciños de Navia de Suarna xa que se trata dunhas obras de mellora moi necesarias e demandas pola veciñanza”, afirmou.