A Xunta apoia a 12ª edición do Máster de Futbolín de Sarria, que se celebra dende mañá xoves, 31 de outubro, ata o sábado 2 de novembro. Está prevista a chegada de participantes de diferentes lugares de Galicia e do resto de España.
A directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou no acto de presentación, onde destacou o traballo dos organizadores para ser capaces de atraer cada ano a Sarria a tantos afeccionados. Tamén puxo en valor o apoio do Goberno galego a todo tipo de iniciativas que dinamizan economicamente os concellos da provincia en calquera época do ano.