Contaxioso azul. Por @dulceCorcu

por Dulce Corcu

Se hai unha cor que os distinga aos dous, a Vicente Carril e Juan Cabrejo, é o azul natal. O mesmo que os volvía xuntar, esta vez como presidente e adestrador, no Camariñas que ambos levan no corazón.

Non resulta nada difícil entender ese fervor se os coñeces, se habitas no seu mundo onde a paixón é tan contaxiosa que non importa onde vivas, porque resulta imposible non sentirte na casa cada fin de semana estando con eles. Vicente o perfecto cabaleiro ao que cheguei da man de Juan Cabrejo, señorío pendente sempre do detalle, das atencións e o agradecemento a quen faga algo, o que sexa, por ese Camariñas no que vive as vintecatro horas do día. Onte, no seu noventa e tres aniversario, non me podo sentir máis afortunada vendo esta imaxe na que a ollada de Cabrejo cargada de admiración, representa a toda a bancada que aplaudía e á que o presidente saudaba feliz e emocionado. Afortunada porque, como tantos outros domingos destes últimos anos, estiven alí para desfrutalo. No campo e coa xente que me acolle sempre como se nacese no seu berce azul. Parabéns, Presidente….E Grazas, Juan Cabrejo! 

Foto Sefy Carril

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario