O PP reclama intervencións básicas de seguridade vial e de mantemento para dignificar a entrada a cidade de Lugo polo barrio Fervedoira

por 21 Noticias

Como actuacións inmediatas dende o PP e co ánimo de garantir a seguridade das persoas que circulan a pé e dos conductores que utilizan esta entrada a Lugo, propoñen:

–        Construción de beirrrúas para facilitar o tránsito dos peóns

–        Renovación das luminarias xa que a iluminación é escasa para mellorar a visibilidade e a seguridade nocturna

–        Colocación de sinais cinexéticas xa que neste tramo se produciron algúns accidentes de atropelos de corzos e xabaríns

–        Mecanismos para reducción de velocidade

–        Mellora dos autobuses, con escasas frecuencias e horarios que non se adaptan ás necesidades

–        Maior presenza  dado que se trata de zonas consideradas como puntos quentes das okupacións xa que hai varios inmobles deshabitados.

–        Desbroces máis periódicos para evitar que a maleza tape sinais ou que o firme o cubra a vexetación

Esta vía é titularidade municipal a raíz dun convenio asinado no ano 2004 polo Alcalde de Lugo e a Ministra de Fomento Magdalena Álvarez e, posteriormente, a cesión feita oficial en marzo de 2011, mediante unha acta firmada polo Alcalde e polo Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario