‘A provincia que sabe’ fai parada en Etiqueta Negra (Pontevedra)

por Redacción A Coruña

Na oitava edición da feira do ‘gourmet’ galego, que se vai celebrar en Pontevedra do 9 ao 11 de novembro, serán protagonistas a cociña en vivo de Concha Casares, de Casa Alongos (Melide), e os produtos de Cafés Aruba (A Coruña), Vermú Lodeiros (Santiago de Compostela), Casa da Avoa (Outes), Pandejuevo (Cee), A Despensa D´Lujo (Coristanco), Martietas de Fío (Bergondo) e Cafés Lúa (Carballo)

Logo do éxito recollido esta semana no Gastronomic Forum Barcelona, a campaña de Turismo da Deputación da Coruña ‘A provincia que sabe’ fai parada en Etiqueta Negra, a feira do ‘gourmet’ galego, que cumpre a súa oitava edición e se vai celebrar en Pontevedra do 9 ao 11 de novembro.

Desta volta, na caseta da área de Turismo provincial serán protagonistas a cociña en vivo de Concha Casares, de Casa Alongos (Melide), e os produtos de Cafés Aruba (A Coruña), Vermú Lodeiros (Santiago de Compostela), Casa da Avoa (Outes), Pandejuevo (Cee), A Despensa D´Lujo (Coristanco), Martietas de Fío (Bergondo) e Cafés Lúa (Carballo).

Tamén haberá un espazo no programa para a presentación do proxecto da firma coruñesa Sementares, a única en Galicia que recibiu a máxima categoría como viveiro produtor de sementes.

«Como vimos facendo nos últimos dous anos coa marca ‘A provincia que sabe'», explica o vicepresidente da Deputación e titular de Turismo, Xosé Regueira, «levaremos a Etiqueta Negra cociñeiros e cociñeiras e produtores comprometidos coa sostibilidade, que nos axudan a captar un perfil turístico máis responsable e que están a innovar no sector agroalimentario, producindo e transformando alimentos singulares e de excelente calidade».

Para Regueira, a feira pontevedresa é un foro idóneo para seguir promovendo «a excelencia da cadea agroalimentaria do territorio coruñés»: «É un escaparate perfecto para coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia das exquisiteces dos nosos produtos, elaborados coa mellor materia prima e con sabor auténtico á nosa provincia».

Programa de Turismo da Deputación

Sábado 9

11 h. Almorzo saudable. Con Cafés Aruba, da Coruña.

13 h. ‘Showcooking’. Con Concha Casares, de Casa Alongos, de Melide.

  • Carne ao caldeiro (xarrete de vaca limiá ecolóxica de Chotoiba con pataca, crema  de chícharos e pemento).
  • Tosta de nabiza con queixo da D. O. P. Arzúa-Ulloa e chourizo de porco celta Celtagal.

14 h. Momento vermú. Con Vermú Lodeiros, de Santiago de Compostela.

15 h. ‘Showcooking’. Con Concha Casares, de Casa Alongos, de Melide.

  • Carne ao caldeiro (xarrete de vaca limiá ecolóxica de Chotoiba con pataca, crema de chícharos e pemento).
  • Tosta de nabiza con queixo da D. O. P. Arzúa-Ulloa e chourizo de porco celta Celtagal.

18 h. Momento merenda. Con Casa da Avoa, de Outes.

Domingo 10

11 h. Almorzo saudable. Con Cafés Aruba, da Coruña.

12 h. Presentación e degustación de produtos de Pandejuevo, de Cee.

13 h. ‘Showcooking’. Con Concha Casares, de Casa Alongos, de Melide.

  • Carne ao caldeiro (xarrete de vaca limiá ecolóxica de Chotoiba con pataca, crema de chícharos e pemento).
  • Tosta de nabiza con queixo da D. O. P. Arzúa-Ulloa e chourizo de porco celta Celtagal.

15 h. ‘Showcooking’. Con Concha Casares, de Casa Alongos, de Melide.

  • Carne ao caldeiro (xarrete de vaca limiá ecolóxica de Chotoiba con pataca, crema de chícharos e pemento).
  • Tosta de nabiza con queixo da D. O. P. Arzúa-Ulloa e chourizo de porco celta  Celtagal.

16 h. Presentación do Proxecto Sementares, da Coruña. Con Fernando Almeida.

16.30 h. Degustación de fabada galaica. Coa Despensa D´Lujo, de Coristanco.

17 h. Presentación e degustación das galletas de Marietas de Fío, de Bergondo.

18 h. Momento merenda. Coa Casa da Avoa, de Outes.

Luns 11

De 11 a 13 h. Degustación de café. Con Cafés Lúa, de Carballo.

11.30 h. Presentación e degustación «O sabor do nadal nun café. Café ‘blend’ de nadal». Con Cafés Lúa, de Carballo.

13 h.  ‘Showcooking’. Con Concha Casares, de Casa Alongos, de Melide.

  • Carne ao caldeiro (xarrete de vaca limiá ecolóxica de Chotoiba con pataca,  crema de chícharos e pemento).
  • Tosta de nabiza con queixo da D. O. P.  Arzúa-Ulloa e chourizo de porco celta Celtagal.

15 h. Showcooking’. Con Concha Casares, de Casa Alongos, de Melide.

  • Carne ao caldeiro (xarrete de vaca limiá ecolóxica de Chotoiba con pataca,  crema de chícharos e pemento).
  • Tosta de nabiza con queixo da D. O. P.  Arzúa-Ulloa e chourizo de porco celta Celtagal.
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario