1.- Só a veciñanza salva á veciñanza nos primeiros días.
A falla de enerxía eléctrica, auga corrente, cobertura telefónica e, xa que logo, operatividade dixital illa uns pobos doutros e impede a chegada de axuda exterior eficaz nas primeiras horas. Nesas primeiras horas as vítimas fican á intemperie e só poderán ser axudadas pola veciñanza e polos medios públicos do seu concello ou bisbarra.
2.- A dirección da protección civil nunha catástrofe de ámbito territorial limitado ha ser exercitada polo goberno autonómico.
Nunha catástrofe como a valenciana, cinguida a un ámbito territorial moi concreto e determinado (800.000 persoas a respecto dos 5,1 M de poboación de dereito do País Valencià) que o goberno do estado dirixa o operativo é pasaporte á ineficiencia, como así foi nas primeiras semanas da pandemia, cando o Goberno Sánchez quixo dirixir a sanidade pública dende Madrid. Como teñen dito nos últimos días persoas tan afastadas ideolóxicamente como o ministro Puente ou o profesor da USC Miguel Anxo Bastos a descentralización política ten a vantaxe de fornecer dunha dirección lexitimada democraticamente no territorio. E a descentralización administrativa dun conxunto de medios que coñecen e e operan no territorio. Malia que a UME ou outras unidades militares sexan de evidente utilidade compre polas baixo a dirección autonómica, malia que sexa a medio da cadea de mando dos seus xefes naturais.
3.- Cun Goberno autonómico como o do PP-Vox de Mazón (hoxe só PP), que poderia sair mal?
O PP gobernou o País Valencià dende 1995 até 2015. Dende 2015 gobernou aquel país unha coalición do PSPV con Compromis até o verán de 2023, no que unha coalición do PP e Vox substituiu á anterior coalición despois das eleccións valencianas de maio de 2023.
Mazón foi, entón, elixido president da Generalitat. Escolleu vicepresidente polo seu coaligado Vox a un toureiro (Vicente Barrera) e consellera de Xustiza e Interior á voxeira Elisa Núñez, que propuxo a supresión da Unitat Valenciana de Emergències (aínda case no berce, mais que constituía un mecanismo potencialmente moi eficaz para a coordinación das emerxencias do territorio), en último de contas aprobada pola nova maioría das Corts Valencianes. Os dous desenvolveron o cargo entre xullo 2023 a xullo 2024, até que Vox rachou todas as coalicións autonómicas co PP por mor das súas diferenzas a respecto da política de inmigración. Iso si, logo de lle fornecer á tauromaquia valeenciana de 1,7M€ adicionais.
- As persoas no mando político han ser quen a adoptar decisións.
Mazón omitiu toda caste de decisións ao longo do martes 29-Ou, malia que xa dende as 07.16 am a Axencia Metereolóxica Estatal (AEMET) comezou transmitir a alarma vermella para determinados territorios do País Valencià. Sen dúbida unha alarma temperá ( quizais ás 14 ou 165horas daquel tráxico día) reduciría dun xeito radical a cantidade de persoas mortas.
A política partidista en xeral e, nomeadamente, a xestión que desenvolven aqueles que non acreditan na lexitimidade democrática nin na eficacia da xestión do sector público, afastan aos responsábeis políticos os recursos ao seu dispor e máis a súa capacidade xurídica e operativa para adoptar decisións trascendentais que sempre esixirán contar con información aquelada. Diante dun risco colectivo cómpre decidir, malia que o perigo real non o xustifique aparentemente, a posteriori. Mercadona podería ter berrado e axexado diante da perda de horas e facturación, mais a cidadanía ficaría protexida.
Teñen Marón e a súa consellera de Xustiza e Interior -a popular Salomé Prendes, dende xullo- este xorne para adoptar decisións graves dende a lexitimidade democrática? Seiva ficou dabondo claro.
- – Mazón non ten futuro político ningún e si un complexo futuro xudicial.
Malia que os antecedentes anteriores á mañá do 29-Ou non favorecen un axuizamento disculpante da xestión de Mazón o que tal pasou ese día sobarda os límites da normal xestión para se inserir no perímetro da neglixencia criminal. Ás 07.36 AEMET declaraba a alarma vermella por gravísimo risco de enchentes nos litorais norte e sur e interior da circunscrición administrativa de València e máis na área urbana da devandita capital do Paìs Valencià. Ao longo do día sucedéronse avisos da delegada do goberno do estado advertindo do gravísimo risco. Malia esta actividade o centro de coordinación de emerxencias da Generalitat non se xuntou até ás 17.00 e o president non chegou até as 19.15. Dende as 15.00 estaba en paradoiro descoñecido, seica na compaña dunha persoa. xuntanza omitida na súa axenda oficial. O neglixente atraso na decisión de aviso xeral aos móbiles da cidadanía da área atinxida polas enchentes, xa que logo, está íntimamente vencellada ao desleixo do president Mazón. Un desleixo que anuncia o exercicio de accións xudiciais contra él e outros responsábeis perante os tribunais competentes por delictos de homicidio neglixente
- – A madureza cívica da cidadanía valenciana.
A cidadanía valenciana reaccionou dun xeito moi cívico, tanto na xenerosidade de achegar a súa axuda persoal e material como na súa atención ás informacións nos días posteriores á catástrofe. Deste xeito, moitas organizacións veciñais, culturais, cidadás e mesmo políticas (o traballo de Compromis dende fóra do foco foi continuo, discreto e moi úitil para reconducir á unidade os esforzos dos axentes sociais). Deste xeito, o valencianismo politico e a saciedade civil democrática puido encher o baleiro que PP e PSPV deixaron, por diferentes razóns, evitando o relato dunha extrema dereita como alternativa á ausencia do Estado. As 130.000 persoas que se xuntaron en València este sábado deron fe deste traballo dista sensibilidade social.
- Só un sector público forte e ben financiado é quen de respostar esta caste de catástrofes. Sendo a reacción do voluntariado absolutamente fulcral nos primeiros días e sendo tasmén fulcral a axuda económica da cidadanía e dos axentes económicos, só un estado democrático e plural, con ampla descentralización político-territorial, mecanismos de participación cidadá e fiscalmente ben abastado pode fornecer dos servizos e accións precisos para a reconstrución e a resocialización das poboacións damnificadas.
No creo que sean los políticos quienes «han de tomar decisiones»:hay un Plan Territorial de Contingencias por inundaciones cuya dirección corresponde a la Conselleira de turno y al Delegado del Gobierno Central asesorados pòr el grupo siguiente de «asesores» conocido.El Sr.Grande Marlaska disponía desde el primer momento ( el primer día en que AEMET informaba de su alerta de una DANA) en su Ministerio de los datos satelitarios del sistema europeo Galileo «Copernicus» que identifica fotográficamente con exactitud lo que hay por ello antes de rebosar las presas y despues (al medio día del primer día en que aumentaba el caudal en los barrancos ,estaban viendo en imágenes muy precisas los daños y la evolución del agua con todo lo que arrastraba).Observe el sistema Norteamericano del Centro Nacional de Huracanes y la emisión de advertencias del NOAA ,observará que los especialistas del CHN se encargan de coordinar con la Autoridades las acciones a tomar figuran con nombres y apellidos y en su caso dan la orden y las pautas recomendadas de evacuación a seguir por los ciudadanos.En España en ningun Plan de Contingencias la AEMET tiene la misión de eso y se limita a sus alertas por precipitaciones asignando niveles de riesgo ,lo demás compete a otros.La cuenca del Júcar monitoriza niveles de sus presas que sirven de «alerta hidrológica» para los directivos del Plan de Contingencias. pero salvo informar al Director del Plan y sus asesores de no haberse roto presas ,es fácil que los niveles de las mismas ,los hubiese pasado puntualmente.Es relevante que el aviso del 112 a los móviles no sea tan preciso como es el que se ejecuta en Estados Unidos porque Protección Civil no dispone de medios adecuados para valorar y de ese modo precisar el tipo de alerta y de evacuación a seguir (en su caso).Estamos en lo de siempre :Incumplimiento del Plan de Contingencias por Inundaciones y ahora a tratar de culpar al rival político para defenestrarlo.Las consecuencias de esto en esta ocasión la padecen los ciudadanos de las zonas afectadas de Valencia y demás Comunidades Autónomas afectadas Les aseguro que no existe enseñanza alguna de la generación del desastre aunque ahora se aprenderá de las consecuencias descomunales que ha generado.
Comprenderá el Sr.Perez -Lema que la mejor información estaba en el Ministerio del interior por los datos satelitários de COPERNICUS y que la Dirección del Plan Territorial de Contingencias es manejada por la Conselleira de turno y la Delegada del Gobierno Central,que cuando cambian al Partido de gobierno ,ocupan las plaza otros incluído un Delegado del Gobierno distinto (ninguno de los dos es experto en Planes de Contingencias).En Estados Unidos jamás culpan a ningun político al estar claro el cargo que da las pautas y recomendaciones cuando se acerca un cliclón o un huracán .A estas catástrofes solo se responde bien con personas de reconocido prestigio conocedores de lo que están manejando con «mando único» superior incluso al del Presidente del Gobierno para gestionar el Plan de Contingencias por inundaciones . Se sigue nombrando «a dedo» políticos para ocupar los cargos de responsabilidad sin contemplar sus conocimientos en estos asuntos.Por tanto estamos condenados a ver lo mismo siempre y ahora asignarán un volumen de millones que no tienen y pasará como en la Isla de La Palma o Lorca ,dónde todavía no han indemnizado a los damnificados.Es fácil culpar al Sr.Mazón como si fuese la persona que debe de actuar por el hecho de presidir la Comunidad Autónoma pero eso no es suficiente motivo para culpárlo.Mejor sería que se pongan de acuerdo los políticos de todos los Partidos y unidos todos tratar de minimizar las consecuencias porque el desastre , lo han generado entre todos ellos y toca minimizar el desastre en el menor tiempo posible.