Os bombeiros provinciais desprazados á Comunidade Valenciana efectuaron tarefas de limpeza e salvamento en Paiporta e Picanya

Os seis bombeiros do Consorcio Provincial da Coruña, procedentes dos parques de As Pontes, Betanzos e Carballo, mobilizados á Comunidade Valenciana, realizaron nestes primeiros días no levante peninsular labores de achique.

Onte, o seu traballo principal desenvolveuse no casco urbano de Paiporta, zona cero da traxedia, onde levaron a cabo tarefas de achique en fosos de ascensores e montacargas. Tamén interviñeron no soto da biblioteca municipal, onde tiveron que esperar a que descendese o nivel de monóxido no interior para poder continuar coas labores.

Posteriormente, foron desprazados a Picanya, á zona do paseo da Primavera, a máis afectada do municipio. Alí, o traballo centrouse na limpeza e achique de garaxes en domicilios particulares. Está previsto que hoxe, luns 11 de novembro, continúen traballando nesta área.

Comparte éste artículo
No hay comentarios