O delegado da Xunta na provincia de Lugo, Javier Arias, destacou que «Tanto no aspecto medioambiental como no social e o económico». Arias realizou estas declaracións nun acto promovido pola adega ‘Casa de Outeiro’ no Círculo das Artes de Lugo, e felicitou ao CEO da empresa, Juan Luis Vázquez, «por emprender en Quiroga un proxecto que cumpre con estas premisas».
Entre outras iniciativas, os propietarios da adega pretenden recuperar a antiga Casa de Outeiro, hoxe en ruínas, para convertela nun complexo enoturístico; está situada nun enclave natural con vistas ao val de Quiroga e as primeiras referencias documentais da súa existencia datan do ano 1488.
O delegado lembrou que o modelo da Ribeira Sacra, baseado en pequenas explotacións e producións de gran calidade, «permite o desenvolvemento dun sector vitivinícola punteiro, que impulsa o turismo e fixa poboación, ao tempo que mantén o equilibrio coa paisaxe, a ordenación do territorio e o patrimonio»