Esta acción forma parte das iniciativas que desenvolveu o Grupo Popular “para convencer ao goberno de Lugo que dé marcha atrás coa suba de impostos municipais a que se opón o PP” e que se suma ás alegacións que se presentaron este luns para frear este incremento inxustificado
- O Partido Popular continúa coa súa campaña informativa sobre a suba de impostos que PSOE e BNG aprobaron no pleno do 26 de setembro coa oposición do PP.
- Esta semana intensificamos as accións con dúas novas vallas de publicidade exterior, unha delas situada na entrada da estrada de Vegadeo, na entrada a Lugo pola Campiña e a outra na ronda Xosé Castiñeira, nas inmediacións dos conservatorios.
- O obxectivo desta campaña informativa é que cada veciño e veciña coñeza a realidade do que lle van subir os recibos en 2025 e explicarlles que cunha mellor xestión, por parte do bipartito, non sería necesario aumentalos.
- Nas vallas que están dende hoxe colocadas nestas dúas ubicacións se enumeran algúns dos proxectos, que non supoñen ningún valor engadido á cidadanía e que non teñen uso, pero que supuxeron investimentos millonarios e agora gastos de mantemento como son as caldas, o edificio impulso verde, ou o carril bici
- Os populares afirman que cunha mellor xestión, por parte do goberno local, non sería necesaria esta suba de impostos nunca vista.
- Lembrar que o Grupo Municipal rexistrou alegacións á suba das ordenanzas fiscais “unhas propostas que teñen dous obxectivos: o primeiro é corrixir inxustizas eliminando a plusvalía, e bonificando o IBI para os terreos rústicos da zona rural que agora pasarán a pagar como urbano e o segundo obxectivo, que o esforzo que lles piden aos lucenses para equilibrar impostos e gastos o asuma o propio goberno cun plan de contención de gastos