Accidente en Muxía entre un turismo e un tractor

A últimas horas da noite de onte, houbo un aparatoso accidente de circulación entre dous vehículos na estrada AC-440, no quilómetro 5 (no lugar de Quintáns), no Concello coruñés de Muxía.
Protección civil de Muxía mobiliza o equipo de garda con vehículo VIR, e así mesmo tamén foron mobilizados polos xestores do 112 Galicia, os efectivos do 061 e Garda Civil de Tráfico.
Un turismo que circulaba dirección Muxía, chocou ca parte traseira dun tractor que circulaba no mesmo sentido de circulación. A pesar do aparatoso do accidente, o condutor do turismo, e o copiloto, puideron saír polo seu propio pe, e foron atendidos polos efectivos sanitarios, aínda que non precisaron ser derivados ao centro hospitalario.
A circulación de vehículos viuse afectada nun carril, ata que un guindastre retirou o vehículo sinistrado.
Afortunadamente, dado o estado no que quedou o vehículo, só hai que lamentar danos materiais.

Sen bombeiros no Parque de Cee por estar desprazados ó Parque de Arteixo, por sorte, neste caso, non foi preciso excarcerar ás vítimas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios