Acto da Acción Feminista BNG Costa da Morte 

Hoxe domingo desenvolveuse na Casa da Cultura de Corcubión o acto de presentación do «Manual básico para afrontar as violencias machistas», que tivo como relatora a Carme Adán, ex-Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta na época do bipartito PSdeG-BNG.

O evento, presentado por Mercé Barrientos e organizado pola Acción Feminista do BNG Costa da Morte, serviu para dar a coñecer toda a información de axuda ás vítimas de violencia sexual, facendo fincapé na importancia de recoñecer, actuar e restaurar cando se producen casos de agresións machistas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios