Habéra unha pequena concentración diante da propia unidade, ás 15:00 (Travesía de Cacheiras nro 24, baixo)
Este conflito podería afectar gravemente aos prazos de entrega da paquetería do nadal dese concello.
O persoal de Correos da quenda da tarde do concello de Teo irá á folga para protestar pola precariedade na que se atopan. Correos unicamente dispón de 2 persoas fixas traballando con xorndas de 4 horas e un eventual (tamén de 4 horas) para prestar o servizo de tarde nun concello que roza as 20.000 persoas e que conta cunha grande dispersión poboacional en pequenos núcleos rurais.
Esta insuficiencia de dotación leva a retrasos na entrega de notificacións administrativas e tamén na entrega da paquetería.
O persoal leva maís dun ano reclamando unha mellora das súas condicións laborais, concretamente a súa ampliación de xornada. O persoal reivindica unha ampliación das súas xornadas, para que as mesmas se convirtan en xornadas completas.
Este cambio organizativo xa está levando ao persoal ao límite, e diariamente quedan sen repartir numerosos paquetes e notificacións pola falta de persoal. Para paliar iso Correos ofrece un día si e outro tamén «horas extra ou complentarias, o que polo persoal fixo é cualificado de parche que non amaña o problema.
No último ano (dende outubro de 2023 a outubro de 2024) o persoal contabilizou case 700 horas entre extras e complementarias, o que indica con total claridade a carencia dunha dotación adecuada para cubrir esa quenda da tarde.
O persoal leva meses advertindo á dirección desta situación e ten enviados diferentes escritos sen acadar resposta algunha nin solución definitiva sobre a problemática que existe nese concello. Cade destacar que en novembro de 2023 a dirección xuntouse co persoal para comprometerse a ampliar estas xornadas, feito que non cumpliu, o que leva a esta nova convocatoria de folga. cabe destacar que a empresa, ante a convocatoria de folga vende reforzar o servizo neste concello, o que dende este sindicato podemos calificar de esquirolaxe, o que é especialmente criticable no caso dunha empresa pública.