Néstor Rego sinala a enorme carga de traballo e o estrés laboral que sofren as traballadoras públicas na oficina da vila coruñesa e demanda reverter esta situación.
A organización nacionalista reclama desenvolver medidas que garantan a dotación de suficiente persoal na Unidade de Carballo á maior brevidade e asegurar o cumprimento á obriga de reparto diario.
A situación actual está provocando grandes retrasos no reparto da correspondencia e existen zonas que fican pendentes de saír ao reparto 100% dos envíos, alerta o BNG.
Contratación urxente de nove carteiras e carteiros para cubrir as baixas existentes e poder enfrentar á campaña de Nadal de forma axeitada: demanda Néstor Rego.