A Xunta destina 55.600 euros á mellora do saneamento de Souto de Torres, en Castroverde

A Xunta destinou un total de 55.600 euros á mellora do saneamento das augas pluviais en Souto de Torres, no municipio de Castroverde, a través da liña de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental 2024.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado da actuación, promovida polo Concello co obxecto de mellorar as condicións de recollida e evacuación das augas da chuvia nese núcleo, que se sitúa no trazado do Camiño Primitivo.

Con esa finalidade proxectouse a execución dun pavimento con novas pendentes e peraltes cara os imbornais e sumidoiros que evacúan as augas á rede de saneamento. Tamén se instalaron novas tubaxes soterradas que conectan coa rede xeral.

Todas esta melloras contribuirán a evitar problemas ocasionados polas deficiencias na recollida de pluviais, como o deterioro de camiños, a degradación de terreos ou a derivación de auga ao interior das vivendas.

De forma complementaria, o proxecto incluíu outra actuación para a conservación dunha fonte de pedra granítica localizada na zona. O proxecto centrouse na limpeza e roza da contorna, a execución dun solado de acceso e a mellora da seguridade mediante a instalación dunha reixa de fundición para evitar caídas ao interior do pozo que hai nas inmediacións.

Comparte éste artículo
No hay comentarios